Programación maio de 2023

| Sábado 6 – 19:30h | Charla informativa organizada por Un vento vén e coa presenza de Margarida Prieto (Sindicato Labrego Galego) e Xoán Ramón Doldán (Profesor de Economía Aplicada na USC e membro de Véspera de Nada). Ao finalizar haberá cea vegana, para o cal reserva en csahedreira@riseup.net ou no local.

| Venres 26 – 20h. | Estrea documental en Lugo de «Agromantes: relatos de psiquiatrización e loucuras en primeira persoa» coa presenza da directora Cora Peña (videoconferencia) e protagonistas, organizado pola comisión de «Loucuras e opresións» da Hedreira.

Sinopse: Un grupo de persoas reúnense para compartir experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nestas condicións de sufrimento psíquico intenso, nunha contorna de estigma e incomprensión. Pero na escena tamén aparece o humor, autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador (duración 71′).

Este mes, e ata novo aviso, non haberá iniciación á costura, nin impro teatral. As demais actividades fixas mantéñense, cun cambio de horario/día no cine-pizza que será o último venres 20:30h. en vez de xoves e pole dance que será anunciado o novo horario nos vindeiros días. Podes unirte ao grupo de pole de Whatsapp.

Descarga o cartaz para redes aquí