«Feminismo anticarcelario», presentación 22/02

O xoves 22 ás 20:15 presentamos «Feminismo anticarcelario. El cuerpo como resistencia», coa autora Alicia Alonso da editorial Zambra.

«O feminismo da autora advírtenos da afinidade entre a cultura do castigo e o patriarcado. […] Inspirada polas correntes feministas xurdidas en América Latina, Alicia Alonso Merino posiciónase na periferia, rompe co eurocentrismo de pretensións universais e opta pola interseccionalidad entre sexo/xénero, clase e “raza”. […] Son por tanto numerosas as razóns para un feminismo non punitivista, un feminismo que non desprece a vida sistematicamente, un feminismo que non xere vítimas infantilizadas, un feminismo que, en consecuencia, avogue pola abolición non só da prisión, senón da pena.» —Ana Gordaliza).

«Esta obra que presenta Alicia Alonso, ten que ser lida en moitos ámbitos distintos: sociais, políticos, académicos, xornalísticos, divulgativos. É unha obra que inscribe nesa greta que sabe separar moi ben o que é un suposto “cárcere legal” (propia dun universo prescritivo ou do “deber ser”) do “cárcere real”: a que cotidianamente alberga a pobreza, as enfermidades, as exclusións do proxecto de explotación e dominio que se nos presenta como expresión do progreso contemporáneo. Quen queira penetrarse nese mundo esquecido e non seguir sendo indiferentes, teñen aquí un material imprescindible para unha lectura que convoca á reflexión, pero tamén á acción.» —Iñaki Rivera Beiras.

Descarga o cartel