Simposio cos investigadores Pere Ortega e Tica Font do Centre Delàs d’Estudis per la Pau ás 20 h. Falaremos da escalada da violencia no mundo dende unha perspectiva antimilitarista.
Ademais, Pere aproveitará para presentar o seu último libro «La fuerza de la paz»:
O libro aborda as principais propostas dalgunhas dxs autorxs máis influentes do pensamento pola paz: Thoreau, Gandhi, Camus, Brecht, Galtung e Hannah Arendt, aos que se engadiron dous nomes relevantes dos Països Catalans, o catalán Arcadi Oliveres e o valenciano Vicent Martínez Guzmán. Dos primeiros hai sen dúbida magníficas biografías que os analizan, pero os textos de Pere Ortega non revisan as súas biografías, senón que analizan as súas achegas máis significativas para a construción da paz. E partindo delas, engade consideracións sobre como actuar na actualidade para facer posible un mundo onde se limiten as violencias e se faga posible unha maior cooperación pacífica entre os humanos. Sería inxusto dicir que estxs autorxs son xs mellorxs, pois hai moitos outrxs pensadorxs e activistas que dedicaron as súas vidas traballando para facer máis aceptable a vida humana. Pero estes teñen unha peculiaridade, nadaron contra as correntes hexemónicas dos anos que lles tocou vivir e foron dialécticos fronte ás violencias e as guerras; desobedeceron aos gobernos cando estes infrinxían regras morais; introduciron propostas relevantes para eliminar todas as violencias; optaron pola liberdade como signo moral; foron activistas fronte ás inxustizas; e traballaron poñendo a xustiza e a paz como obxectivo.