Sábado 3
20:00 H. | Charlamos coas limpadoras en Lugo que levan máis de 100 días de folga, onde nos trasladarán a súa loita e reivindicacións nun sector maioritariamente feminino e precarizado.
21:45 H. | Cea vegana. Un novo manxar dos primeiros sábado do mes. Prezo á vontade. Lembra reservar en csahedreira@riseup.net
Sábado 10 | 21:30
Cocido de entroido vegano (I edition). Presentamos a nosa primeira paparota de cocido do entroido vegan version. Ademais, se ves disfrazadx terás chupiño de licor café ou de zume ecolóxico de balde. Atentx a redes porque pode haber máis sospresas. Reserva prato no mail. Prezo á vontade.
Xoves 22 | 20:15
«Feminismo anticarcelario. El cuerpo como resistencia». Presentación do libro coa autora Alicia Alonso. «O feminismo da autora advírtenos da afinidade entre a cultura do castigo e o patriarcado. […] Inspirada polas correntes feministas xurdidas en América Latina, Alicia Alonso Merino posiciónase na periferia, rompe co eurocentrismo de pretensións universais e opta pola interseccionalidad entre sexo/xénero, clase e “raza”. […] Son por tanto numerosas as razóns para un feminismo non punitivista, un feminismo que non desprece a vida sistematicamente, un feminismo que non xere vítimas infantilizadas, un feminismo que, en consecuencia, avogue pola abolición non só da prisión, senón da pena.» —Ana Gordaliza).
Sábado 24
11:00 – 14:00 | Mercadiño de troco, organizado polo Banco do Tempo en Lugo. Haberá postos de artesanía, obxectos de segunda man… para trocar por outros produtos ou en xiríns (a moeda social do banco). Senón estas no banco do tempo poderás trocar igualmente. Trae as túas artesanías ou cousas que teñas pola casa e que non uses.
20:00 | «A xeopolítica dos conflitos armados». Simposio con Pere Ortega e Tica Font do Centre Delàs d’Estudis per la Pau. Falaremos da escalada da violencia no mundo dende unha perspectiva antimilitarista.
Xoves 29 | 20:30
Cine forum. Os últimos xoves do mes toca cine. Anunciaremos en redes sociais o filme ou documental a proxectar. Lembra que son benvidas as propostas.
Ademais contaremos cos seguintes obradoiros, cuxo horario podes atopar aquí: capoeira, gancho e calceta, danza do ventre (Belly Dance), galego para inmigrantes, k-pop, pole dance, taller de bicis, teatro e teatro des oprimides.
Todas as actividades son de balde, pero agradécese a túa colaboración facéndote socix para manter o local.