Os próximos xoves 13 e 20 de marzo a partir das 18.00 acolleremos unhas xornadas de divulgación de investigacións que estaban esperando ter algunha oportunidade para ser compartidas e darse a coñecer. Queremos desfrutar dun par de tardes aprendendo, falando e poñendo experiencias en común.
Aínda non temos a programación do día 20 pechada, así que se ti tamén tes algunha investigación interesante collendo po nun caixón, sexa académica (TFG, TFM, tese, PFC…) ou non, podes contactarnos a csahedreira@riseup.net.