Xornadas Antirrepresivas LGBTACAB+ organizadas por Avante Lugo LGBT+ e A Hedreira:
– VENRES 12 | 20:15 –
Raquel Crespo de Esculca (Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades) presenta:
– Relatorio da campaña pola abolición do isolamento penitenciario:
Este relatorio, elaborado por unha vintena de organizacións, da conta dos supostos nos que se pode aplicar o isolamento penitenciario, que restricións supón e que consecuencias ten.
– Informe sobre a situación dxs presxs políticas kurdas:
Este informe foi realizado por unha Delegación Internacional de avogadxs que visitou Turquía a finais de febrero de 2023 para reunirse con diferentes organizacións kurdas e observar a situación, no momento no que se cumpren 25 anos do secuestro do líder do PKK, Abdullah Öcalan, e tres anos dende a última comunicación que se tivo con el.
– SÁBADO 13 –
11:30 | Marcha de «Abaixo os Muros das Prisións» en Teixeiro (quedada na gasolineira de Teixeiro N-634 km 663):
Pastora: «O cárcere só foi feita para xs pobres. Todo o que lle estorba á sociedade e toda persoa rebelde acaba aí, pero a un rico non o veredes nunca, se cadra un mes ou dous, e non nas condicións en que están xs nosxs familiares. A min que non me digan que existe a xustiza, porque para a xente pobre non a hai».
Consulta o resto da programación de Abaixo os Muros das Prisións aquí
17:00 | Presentación do libro: «Pájaros Azules» co autor Santi Cobos:
Neste libro recóllese o testemuño de Santi Cobos, que durante 27 anos estivo preso en distintos centros penais. Actualmente, Santi Cobos atópase en réxime de terceiro grao.
Santi Cobos: «Denunciar todo o que non puiden denunciar durante aqueles anos: o sistema carcelario, a impunidade dos carcereiros, as torturas, todas as persoas que se deixaron alí a pel como cans, e as que lla seguen deixando hoxe en día (…) Unha pequena semente de empatía cara ás persoas presas, de coñecemento sobre o que ocorre nos cárceres, de dúbida cara ao sistema de castigo baseado no peche».
18:00 | Presentación do libro: «A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea» coa autora Daniela Ferrández:
Este é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. Persoas perseguidas, aceptadas, toleradas ou reprimidas. Vidas, a fin de contas, necesarias para unha reflexión actual e colectiva sobre o pasado, o presente e o futuro das disidentes sexuais que poboamos hoxe o país galego.
19:00 | Presentación do «Fanzine Antipunitivsmo» de Avante LGBT+:
Antipunitivismo e xustiza restaurativa: que tipo de xustiza queremos?
20:00 | Concerto de Gael de Papel (@gaeldepapel) Entrada de balde.
22:00 | Cea vegana. Reserva no mail csahedreira@riseup.net (prazas limitadas).
—
Consulta o resto da programación de abril aquí