Lugo por Palestina organiza un videoforum con Leila Khaled, que será traducido consecutivamente por Sahar Shatat, árabe-castelán, o martes 30 de abril ás 19:15.
Khaled, é unha figura importante nesta loita, non só como muller senón como organizadora con conciencia de clase, que nunca deixou de falar e loitar contra a ocupación israelí de Palestina e os séus patrocinadores imperialistas.
Khaled, como tantas persoas palestinas desposeídas, creceu nun campo de refuxiados en Líbano. Alí comenzou a desenvolver conciencia política dende nena. Uniuse ao Movemento Nacionalista Árabe e mergullouse no activismo político. Asistiu á universidade Americana de Beirut.
Despóis da súa formación, Khaled uniuse á organización marxista o Frente Popular para a Liberación de Palestina(FPLP). Organizou unha célula do FPLP en Kuwait, axudou a difundir propaganda revolucionaria entre a diáspora palestina e os árabes da rexión e participou incansablemente en varios proxectos para axudar financieramente ao FPLP. Recibiu capacitación especializada para participar en operacións militares, cando se decidiu entre FPLP e outros grupos palestinos da Organización para a Liberación de Palestina(OLP), decidiron iniciar a loita armada contra o estado colonial de Israel.
Como Khaled describiu na súa autobiografía, “ o noso obxectivo mínimo era a inscripción do nome de Palestina, na memoria da humanidade e a mente de todo libertario que se respecte e crea no dereito dos oprimidos, á autodeterminación…Saíamos a golpear o corazón do opresor».