Comezamos o mes cun concerto a golpe de SÁBADO 2 de LorHacePam, que por ben ou por mal non sabemos definir. Rock-punk que entraría en varios criterios diagnóstico do DSM (destroyer surrealist music) [info].
De seguido a cea vegana de todos os primeiros sábados do mes para o cal debes anotarte no noso mail.
DOMINGO 17, Mercadiño de Troco (aberto) organizado polo Banco do Tempo de Lugo. Intercambio ou xiríns (a moeda social de Lugo).
LUNS 18, asemblea aberta de xestión do centro social.
XOVES 21 e XOVES 28, obradoiro de iniciación á encadernación e bordado en papel.
XOVES 21, cineforum do mes. Anunciaremos en redes o filme que veremos. Tamén podes propoñelo e presentar por que a túa escolla. Cine acompañado sempre de paparotas en forma de pizza, flocos de millo…
VENRES 22, damos unha nova benvida ao Apalpador que pasará polo Mercado Municipal de Lugo para gusto das máis pequenas (pronto + info).
Obradoiros: toda a info sobre estes e horarios neste link.