Obradoiros

Aquí atoparás toda a información que precisas para participar nos obradoiros ou aulas, tamén no relativo á nosa filosofía como centro social.

Tes que saber que todas as actividades son de balde e ninguén recibe retribución algunha, seguindo dous principios básicos do noso espazo: a cooperación e o coñecemento libre.

Tampouco recibimos ningún tipo de subvención para manternos autónomxs e independentes. Afrontamos os custos do alugueiro e outros gastos do local a través das cotas, que van dende os 10€ ao mes.

Como imos xustiñxs animámoste a colaborar para manter o proxecto (colabora)

Para a participación nos obradoiros deixámosche abaixo o contacto dxs profes ou o link dos grupos de Whatsapp.

Ademais, se estás interesadx en ofrecer algún taller temporal ou permanente ponte en contacto con nós en csahedreira@riseup.net

 

Horario e contacto:

– Galego para inmigrantes: Martes 18:30 – 20:00h.

Contacta co profe por WhatsApp >  https://wa.me/qr/S4AUTTVGI4AMP1

 

 

– Catalán: Martes 20:30 – 22:00h.

Contacta co profe por  WhatsApp >  https://wa.me/qr/S4AUTTVGI4AMP1

 

 

– Parapono Teatro: Luns de 11:00 a 13:00h e de 17:00 a 19:00h  –  Mércores de 11:00 a 13:00h e de 18:30 a 20:30h.

Contacto: +34 645 21 35 55 (a través de WhatsApp, non chamada)

 

 

– En Movemento: Primeiros venres de mes de 19:00 a 21:00h.

Contacto: +34 677 80 02 93

 

A continuación podes ler unha descrición dos obradoiros.

Galego para inmigrantes: 

Clases de galego orientadas a persoas procedentes de fóra de Galiza para coñecer a nosa lingua, entendela, escribila e falala.

 

Catalán:

Conversas amigabels para ir pouco a pouco aprendendo ou mellorando ó idioma catalán.

 

Parapono Teatro:

Non se precisa experiencia.

As sesións son introducidas por un quecemento e exercicios preparatorios para desenvolvernos na escena.

O obxectivo final é unha obra pero levaranse a cabo diferentes performance de tipo social maioritariamente.

Buscamos actores/actrices !

 

En Movemento: En movemento é o tempo e o espazo para deixarnos levar, explorar o movemento individual e colectivo con palabras que se colan polo medio.
Actividade mensual que se realiza os primeiros venres de cada mes, para todos os corpos de todas as idades e enerxías, pero con roupa e calzado cómodo.
A ver… que isto vai de bailar e algunha cousa máis.

 

Outras actividades fixas:

Cea vegana:

Ven desfrutar do manxar das deusas paganas. Hai límite de prazas. Reserva no local ou en csahedreira@riseup.net (3 ocos estarán reservados para o mesmo día por orde de chegada).

Cineforum:

Proxección de filme ou documental de temática variada que será anunciando nas redes sociais. Tamén podes facer ti unha proposta escribíndonos.