Para colaborar economicamente enche o seguinte:
Somos un centro social autoxestionado e horizontal e como tal todxs contamos o mesmo e colaboramos no que podemos. Se acodes a algunha actividade ou simplemente che apetece colaborar co proxecto podes facelo de moitos xeitos: economicamente, ofrecendo algún obradoiro para compartir o teu coñecemento, participando nas asembleas mensuais para a xestión do centro social ou propoñendo actividades.
O alugueiro e os gastos básicos de luz e auga, así como os gastos para organizar eventos, financiámolo a través das cotas dxs compañeirxs e tamén con achegas puntuais que se poden facer no local ou mediante transferencia. Sempre andamos xustiñxs de cartos, así que canto máis xente aporte o seu gran de area mellor.
Ninguén do centro social recibe ningunha retribución, nin tampouco se cobra polas actividades e, por principios, decidimos funcionar sen subvencións.
Para a cota diferentes opcións segundo as posibilidades de cada quen: 10, 15, 20 € (mensual) ou a escoller. O pago pódese ser trimestral ou anualmente (tamén mensualmente).
Para colaboracións puntuais:
Transferencia bancaria
A Hedreira
Concepto: «Doazón A Hedreira»
ES26 3070 0030 1563 0923 8423
Bizum: 659994248
Concepto: «Doazón A Hedreira»
Calquera dúbida contáctanos en csahedreira@riseup.net