O venres 26 de abril ás 20:15 Anita Doinel presentará o seu libro «Me lo merezco: Historias de Ternura, Sanación y Buenos Tratos». A medio camiño entre o ensaio e a autobiografía, «Me lo merezco» xera pontes cara ás feridas colectivas a través de conversacións incómodas sobre a violencia sexual, a gordofobia, a autocosificación, as non monogamias, o desexo, as cancelacións, o perdón, a bifobia e a mirada masculina.
Podes ver parte do seu traballo no seu instagram: @anitadoinel