Aquí atoparás toda a información que precisas para participar nos obradoiros ou aulas, tamén no relativo á nosa filosofía como centro social.
Tes que saber que todas as actividades son de balde e ninguén recibe retribución algunha, seguindo dous principios básicos do noso espazo: a cooperación e o coñecemento libre.
Tampouco recibimos ningún tipo de subvención para manternos autónomxs e independentes. Afrontamos os custos do alugueiro e outros gastos do local a través das cotas, que van dende os 10€ ao mes.
Como imos xustiñxs animámoste a colaborar para manter o proxecto (colabora)
Para a participación nos obradoiros deixámosche abaixo o contacto dxs profes ou o link dos grupos de Whatsapp.
Ademais, se estás interesadx en ofrecer algún taller temporal ou permanente ponte en contacto con nós en csahedreira@riseup.net
Horario e contacto:
– Capoeira: martes 19:00-20:30h. Tlfno. de contacto: 663664114
– Club de gancho e calceta: luns 21:00h. Para participar entra no grupo de Whatsapp.
– Danza do ventre (Belly dance): mércores 19:30-20:30h. Entra no grupo.
– Galego para inmigrantes: mércores 20:30-22:00h. Contacta co profe.
– Kpop: mércores de 17:00-19:00h. Entra no grupo
– Taller de bicicletas: martes 19:00-20:30h. Sen necesidade de inscrición.
– Teatro adestramento (con Parapono Teatro): luns e xoves 17:00-19:00h. Tlfno. de contacto: 645213555
– Teatro des oprimides: obradoiro mensual. Consulta data nas redes. Inscríbete no 625266281
– Xestar, parir, criar: volve proximamente…
A continuación podes ler unha descrición dos obradoiros.
Capoeira:
Uma atividade física que reúne luta, cultura, música. Um arte que engloba várias artes. Proporciona técnica, força, coordenaçāo motora, equilibrio estático e dinâmico. Além ser um excelente exercício para o sistema vascular. Práctica de valores como respeito a regras, diversāo, competitividade em solidariedade, ludicidade. Uma luta que promove a formaçāo do caráter mentalmente e fisicamente, desenvolve a autoestima, socialiçāo e integraçāo social. Cualquer pessoa pode prática a Capoeira, nao há limites.
Club Gancho e calceta:
Reunímosnos para poñer en práctica o ganchillo, a calceta e contarnos contos. Non é necesaria experiencia
Danza do ventre:
Coñecida como Danza Oriental ou Belly Dance, esta danza antiga é caracterizada polos seus movementos fluídos, suaves, disociados e coordinados de diferentes partes do corpo, a diferentes ritmos musicais de Medio Oriente. Desata as túas ganas de danzar con liberdade, neste espazo para todxs, sen importar a túa idade, nin complexión física. Ven e aprende os pasos básicos, toma conciencia da túa postura corporal, desbloquea a túa mobilidade, potencia a túa expresión propia e experimenta a túa sensualidade.
Galego para inmigrantes:
Clases de galego orientadas a inmigrantes para coñecer a nosa lingua, entendela, escribir e falala.
K-pop:
Grupo para aprender e practicar os bailes pertencentes a cancións de K-Pop.
Taller de bicicletas:
Reparación de bicis. Trae a túa se queres reparala ou ven a axuda a outras persoas a reparar a súa.
Teatro des oprimides:
Obradoiro mensual de teatro das persoas oprimidas (metodoloxía teatral para explorar as opresións que vivimos e buscar solucións empoderadoras). Non se precisa experiencia.
Teatro adestramento:
Adestramento teatral nunha fase iniciática. Non fai falta ter experiencia para participar. Nestes primeiros meses o obxectivo principal é levar á práctica os conceptos básicos teatrais e coller confianza nunha mesma para desenvolverse nun escenario. Despois aquelas persoas que o desexen poden ser parte do elenco de Parapono Teatro. Idade mínima 14 anos.
Xestar, parir, criar:
Estás embarazada? Buscas información e/ou axuda co teu plan de parto? Falamos de empoderamento, de autocoñecemento, de acompañamento… sen tabús nun espazo seguro. Todo isto e moito máis é Xestar, parir, criar. Ven coñecernos! Máis información en 678864818
Outras actividades fixas:
Cea vegana:
Primeiro sábado o mes. Ven disfrutar do manxar das deusas paganas. Hai límite de prazas. Reserva no local ou en csahedreira@riseup.net (3 ocos estarán reservados para o mesmo día por orde de chegada).
Cine forum:
Último xoves do mes. Proxección de filme ou documental de temática variada que será anunciando nas redes sociais. Tamén podes facer ti unha proposta escribíndonos.