Programación detallada do mes de xuño de 2024
– XOVES 6 | 20:00 H.
Proxección do documental Benvidas ao Club de Carmen P. Granxeiro sobre o Caso Carioca
– DOMINGO 9 | 11:00 – 17:00 H.
Mercadiño de troco organizado polo Banco de Tempo de Lugo. Aberto. Posibilidade de intercambio en xiríns (moeda social) ou especies. Máis info en bancotempolugo@yahoo.es
– LUNS 10 | 18:00
Além dos límites establecidos: a queerificación do cotiá como ferramenta por patas arriba todo o coñecido, con Andrew Gatzea (IG: @andrewgartzea)
Andrew Gartzea (el/elu) é un comunicador audiovisual e investigador independete especializado en temas de xénero dende unha perspectiva feminista, queer, anticapitalista e antisupremacista. Nesta charla falará sobre o queer entendido no seu sentido antidentitario, antinormativo e anticapitalista como ferramenta disruptiva ante o asimilacionismo e o esencialismo identitario.
– LUNS 17 | 20:00
Introdución ao Shibari. «Para min o shibari é liberdade, creación, relaxación, autoconocimiento, un lugar onde atopar paz, onde desparecer do mundo e ter o teu propio universo. Conectar dunha maneira diferente contigo ou cos demais, ver máis aló e ver todas as posibilidades que a corda che ofrece»; por @yuekun_shibari (IG)
– XOVES 27 | 20:30
Cineforum: Quanto Vale ou é Por Quilo?
Quanto Vale ou é Por Quilo? é unha película brasileira dirixida por Sérgio Bianchi que ofrece unha crítica social aguda e reflexiva. A película establece un paralelismo entre a escravitude do pasado e a explotación moderna, utilizando unha narrativa que intercala eventos históricos con situacións contemporáneas. A través do seu estilo provocativo, a película convida a reflexionar sobre a persistencia da desigualdade e a corrupción na sociedade brasileira.
– VENRES 28 | 19:30
Circulo de Lectura Libre de Cómic: Soy la Malinche de Alicia Jaraba Abellan.
Século XVI. Malinalli é filla dun xefe de clan centroamericano. Pouco despois da morte do seu pai é vendida a outro clan para traballar no campo e satisfacer a libido do seu novo amo. Un día, enormes barcos aparecen no horizonte, comandados por Hernán Cortes, obsesionado coa procura de ouro. O conquistador descobre a Malinalli e o seu don para os idiomas. Ela será o seu interprete e un dos elementos crave nas súas esperanzas de conquista. Será tamén ela quen terá a coraxe de dicir unha palabra prohibida ás mulleres do seu tempo: non! Máis aló da lenda, aquí está a historia da Malinche, viva, nova, inexperta, moitas veces superada polos acontecementos, pero sobre todo humana.
Ingresa ao grupo de Whattssapp do círculo de lectura mediante a seguinte ligazón.
– SÁBADO 29 | 10:00 – 15:00 H.
Construción de fornos solares. Aprenderemos a construír fornos solares. Empezarenos na Hedreira e en caso de bó tempo saíremos fóra e aproveitaremos para xantar o cociñado. Organiza o grupo de Decrecemento de Lugo.
– OBRADOIROS –
Ademais contamos cos seguintes obradoiros cuxo horario e inscrición podes consultar aquí: capoeira, gancho e calceta, danza do ventre (Belly Dance), galego orientado a inmigrantes, k-pop e teatro.
* N-O-V-I-D-A-D-E-S *
Incorporamos dous novos talleres: impro teatral e jam de contact. Se estás interesadx nalgunha destas actividades entra no seguinte grupo de Whatsapp: clic aquí.
Todas as actividades son de balde, pero agradécese a túa colaboración facéndote socix para pagar os custos do local.