Programación Marzo 2024

Sábado 2

19:00 H. | Encontros polo decrecemento. Teremos a oportunidade de falar de decrecemento con Miguel Anxo Abraira, quen ademais nos presentará a organización Rede polo Decrecemento.
+ info: https://redeparaodecrecemento.wordpress.com

21:30 H. | Cea vegana. Para a cea as prazas son limitadas polo que é necesario reservar praza escribindo a csahedreira@riseup.net.
O menú é crema de cabaza, curri de verduras e macedonia. O prezo como sempre á vontade.

Venres 8 | 20:00 H.

Manifestación feminista 8M convocada pola Plataforma Feminista de Lugo co lema «Contra a cultura machista, educación feminista». Saída: diante do edificio multiusos da Xunta de Galicia. Finaliza na Praza de Santa María.

Venres 15 | 17:00 H.

A Natureza como fonte de saúde na infancia. A experiencia de Nenea, medrar crecendo.

A actividade será unha charla participada sobre os beneficios da natureza na infancia, en que aspectos incide, como vemos esa mellora. Que é o trastorno por déficit de natureza e como viven as crianzas esta carencia. Haberá propostas para as crianzas, así que son benvidas. Está pensada para familias, estudantes de educación, traballadoras na área de ocio e tempo libre e público xeral con interese en coñecer a educación na natureza. Inscríbete por Whatsapp no 623064050.
+ info en nenea.es

Luns 18 | 20:00

Asemblea. Participa na organización de actividades, propostas e ideas do centro social.

Xoves 21 | 20:300

Cineforum. Este mes por mor da Semana Santa adiántase unha semana. Anunciaremos en redes sociais o filme ou documental a proxectar. Lembra que son benvidas as propostas.

Ademais contamos cos seguintes obradoiros cuxo horario podes consultar aquí: capoeira, gancho e calceta, danza do ventre (Belly Dance), galego orientado a inmigrantes, k-pop, pole dance, taller de bicis e teatro.

Todas as actividades son de balde, pero agradécese a túa colaboración facéndote socix para pagar os custos do local.