Este sábado 2 de marzo ás 19 h. teremos a oportunidade de falar de decrecemento con Miguel Anxo Abraira, quen ademais nos presentará a organización Rede polo Decrecemento.
Despois, como todos os sábados primeiro de mes, poderemos continuar a parola na cea vegana a partir das 21.30 h. Para a cea as prazas son limitadas polo que é necesario reservar escribindo a csahedreira@riseup.net. O menú é crema de cabaza, curri de verduras e macedonia. O prezo é á vontade.
A Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo é unha organización que ten a finalidade de divulgar o Decrecemento nos tres territorios que forman parte da mesma bio-rexión do noroeste peninsular dentro do actual Estado Español e que os romanos incluían no territorio que denominaban Gallaecia.
- Máis info: https://redeparaodecrecemento.wordpress.com