Programación mensual A Hedreira en setembro 2023

Programación Xuño 2023

| XOVES 1 – 20:00 | «Actuar aquí e agora. Pensando a ecoloxía social de Murray Bookchin», presentación do libro co autor Floreal M. Romero.

Floreal M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e do municipalismo libertario. Fai un repaso da súa historia, da súa traxectoria crítica e política. Desde o estado español ao Rojava, pasando por Chiapas, o autor propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo imaxinario como poder anónimo e colectivo.

| LUNS 12 – 19:30  | «Ecoescritura».

«Xuntarémonos para reflexionar sobre os problemas medioambientais do noso planeta, especialmente, aqueles que afectan a nosa cidade e a súa contorna, e que sentimos como unha ameaza para os nosos ecosistemas locais. Farémolo a través do noso pensamento, escrita e o compartir con outros. Anímaste? Todas as linguas son benvidas!» Prégase, a ser posible, confirmar asistencia no correo: soypalabraescrita@gmail.com

| DOMINGO 18 | Aniversario.

Celebramos o primeiro aniversario do centro social. Pronto + info en redes.

| VENRES 23 | Lumenovo asociativo (San Xoán).

Un ano máis celebramos o lumenovo. Terá lugar onde sempre, na contorna de Fontiñas-Conservatorio. Pronto + info.

| LUNS 26 – 19:30 | Emisión de Radio Fenda. 1º episodio: «Voces Profanas».

Radio Fenda gravará o seu primero episodio en aberto a todas as persoas que queiran participar. Falarase dos eólicos, da dificultade para crear redes asociativas na cidade e exporemos outras formas de entender a saúde mental.

| XOVES 29 – 20:30 | Xornadas de curtas Queer con Avante Lugo LGBT+ durante o mes do Orgullo.

Nova actividade | Danza do ventre:

Coñecida como Danza Oriental ou Belly Dance, esta danza antiga é caracterizada polos seus movementos fluídos, suaves, disociados e coordinados de diferentes partes do corpo, a diferentes ritmos musicais de Medio Oriente. Desata as túas ganas de danzar con liberdade, neste espazo para todxs, sen importar a túa idade, nin complexión física. Ven e aprende os pasos básicos, toma conciencia da túa postura corporal, desbloquea a túa mobilidade, potencia a túa expresión propia e experimenta a túa sensualidade.

Cambio de día | O obradoiro de En Movemento será o venres día 9.

Consulta o horario e info das actividades fixas.

Descarga o cartel para difundir aquí. Tamén en versión impresa.