II Xuntanza de centros sociais

Convidámosvos a asistir ao encontro de centros sociais que terá lugar o próximo 27 de decembro, sábado.

No mes de marzo de 2025 celebrouse unha xuntanza aberta no CSOA Escárnio e Maldizer na que os centros sociais participantes fixemos un diagnóstico conxunto e coincidimos en que sería desexable dispoñer dunha maior coordinación entre centros sociais galegos. Desta volta, o obxectivo principal é definir os propósitos aos que podería servir esta coordinación e materializala en algo efectivo. No encontro participará un membro da Xarxa de Casals i Ateneus dels Països Catalans para trasladarnos a experiencia desta rede nos Países Cataláns.

🕒O programa será o seguinte:

· 11:30 – Recibimento
· 12:00 – [Exposición] A experiencia Xarxa de Casals i Ateneus dels Països Catalans: funcionamento e impacto.
· 13:30 – [Dinámica] Desafíos que atravesan os centros sociais galegos. Faremos unha chuvia de ideas conxunta, dividirémonos un grupos de traballo por temáticas e extraeremos conclusións en conxunto.
· 14:30 – Xantar vegano*
· 16:00 – Bingo musical
· 17:00 – [Mesa redonda] Que necesidades e propósitos podemos cubrir mediante unha coordinación de centros sociais a nivel galego?
· 18:30 – [Diálogo aberto] Como organizamos a coordinación?
· 19:30 – Concerto

*Para poder estimar a comida, agradecemos que nos avisedes de cantas persoas vides, e tamén se tedes algunha alerxia e demais casuísticas a ter en conta para o xantar. Prezo á vontade. Reserva: csahedreira@riseup.net

Vémonos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *