Programación de DECEMBRO

CINEFORUM  Xoves 18 ás 19:00 horas

«We’re All Going to the World’s Fair» de Jane Schoenbrun.

É un retrato íntimo, tenro e desgarrador da soidade, da introspección emocional e da exploración da identidade. O filme comeza nunha fría noite de inverno, nunha habitación iluminada polo monitor e as estrelas fluerescentes do teito, onde unha adolescente chamada Casey comeza a gravar un video para un creepypasta. Coma meras espectadoras tras unha pantalla, o único que temos son imaxes. Imaxes dunha crua beleza de cámara amateur. Pero só podemos ver o que nos queren mostrar, polo que non podemos saber ata onde chega a actuación e ata onde a realidade de Casey. Unha ambiguedade que lonxe de deixarnos na superficie é xusto o que nos permite profundizar no uso da ficción para afondar na identidade, a vulnerabilidade e as emocións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *