O próximo domingo 18 de maio ás 19:00 proxectamos ‘DEP: Destruír É o Plan’, un documental que explica ata que punto os recortes en Sanidade e a súa xestión como un negocio matan en Galiza. Ao remate da proxección haberá unha charla-debate con Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública.
Sábado 17 de maio – EUROVISION´T
Acompañádenos neste Boicot a Eurovisión a partir das 17h00 no C.S. A Hedreira, na Rúa Catasol n°17. Comenzaremos coas proxeccións dos musicais “Hedwig and the Angry Inch” e “Emo the Musical”. Dende as 21h30 teremos un bingo musical e remataremos a xornada cunha cea vegana colaborativa. Convidámosvos a traer algo para compartir! Organiza Avante LGBT+
III aniversario da Hedreira 🔥🔥 Sábado 3 de maio!
—– Programa —– Encontro de colectivos: Diversos colectivos, asociacións, plataformas, etc. reúnense en mesa redonda para falar do activismo social e comunitario dende as súas perspectivas e experiencias propias. Obradoiros varios: – Imos facer hedras e manualidades con diferentes materiais para decorar o espazo. Actividade pensada para todas as idades. – Papel reciclado: sementando poesía. […]
Proxección de «NO OTHER LAND»
Taller sobre coñecementos básicos de electricidade
– Breve resumo da historia da electricidade – Funcionamento, comportamento e principios básicos da electricidade. – Creación e coñecementos dos diferentes circuítos eléctricos. – Seguridade nos nosos aparellos e circuítos. -Utilización e manexo de ferramentas básicas para noso día a día na creación e reparación da nosa instalación. Todo iso impartirase de maneira práctica e […]